Biblioteca Dixital Mundial
Presentouse nun acto da UNESCO, a biblioteca dixital mundial creado coa colaboración de países como Brasil, Rusia e Exipto.
O pacto prevé a "dixitalización de materiais excepcionais e raros procedentes de bibliotecas e institucións culturais do mundo enteiro", para a súa difusión gratuita en Internet. A idea é máis que monumental, pois non só será cuestión de libros, senón tamén de manuscritos, mapas, grabados, fotografías, partituras musicais, grabacións sonoras e películas.
O prototipo da BDM(BIBLIOTECA DIXITAL MUNDIAL)fala sete idiomas, o portugués e as seis linguas oficiais da ONU: español, francés, ruso, árabe, chino e inglés.
A Biblioteca Digital Mundial deberá servir, segundo os seus promotores, para "fomentar o entendemento entre as nacións e as culturas", incrementar a calidade e diversidad dos contidos culturais na Rede, contribuír á educación e fomentar a erudición. A idea de crear a BDM foi lanzada en 2005 por Billington, convencido de que, ademais de fomentar o diálogo intercultural e o entendemento internacional, "incrementará o volume dos contidos de alta calidade dispoñibles gratuitamente en Internet".
Entre os grandes retos a afrontar figura o de facilitar aos países en desenvolvemento equipos para a digitalización de materiais de arquivos e bibliotecas, de modo que todas as nacións e rexións poidan participar e estar representados na BDM.
0 comentarios